O proxecto “E ti que fas no Ortegal?” xurde das inquedanzas dun grupo de veciños concienciados coa importancia de poñer en valor o que se realiza na comarca do Ortegal usando os novos medios dispoñibles.

 

Polo tanto, esta iniciativa …

  • parte da convicción de que TODOS temos algo que achegar á riqueza desta comarca;
  • cree que esta COMARCA PODE SER O QUE QUEIRAMOS QUE SEXA;
  • ten carácter gratuíto, está aberta á participación de todo o mundo, e non está vinculada a partido político algún.

 

Qué é?

É unha PLATAFORMA sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo dar a coñecer as iniciativas e proxectos sociais, culturais e económicos que se están a realizar na comarca de Ortegal mediante o uso desta ferramenta dixital que é o blog.

 

E por qué?

“porque o segredo de ir cara adiante é comezar” …

…e todo comeza por COÑECER, por descubrir o tecido social que conforma a comarca.

 

Para qué?

Para REVITALIZAR e fortalecer a nosa identidade como comarca apostando por:

  • a calidade;
  • o respeto polo medio ambiente;
  • a economía local;
  • a dinamización dos núcleos rurais;
  • a creación de redes de apoio e intercambio de bens e servizos…

 

Gústache a idea e queres participar?

A participación neste proxecto está ABERTA a todos os veciños da comarca do Ortegal e é GRATUÍTA.

Se estás interesado neste proxecto podes formar parte del de dous xeito:

1) Podes consultar periodicamente este blog para estar ao tanto do que se coze no ortegal. Se o prefires, emvíanos o teu correo e enviarémosche unha notificación cada vez que haxa unha novidade no blog.

2) Se queres que a túa iniciativa, empresa, proxecto, grupo, etc. apareza neste blog, envíamos un correo a etiquefasnoortegal@gmail.com cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • Teléfono
  • Correo electrónico
  • Breve descrición da túa iniciativa/empresa/proxecto/grupo…
  • Envíanos tamén unha fotografía representativa da iniciativa/empresa/proxecto/grupo…  (máx 1 M)
  • Se contas con algún medio social (Twitter, web, blog, Facebook, Instagram, Google+ … envíanos tamén os enderezos.