NATI
30 ANOS.
VECIÑA DE ORTIGUEIRA
“IOGA E DANZA NATURAL”

 

Afincada dende hai uns anos en Ortegal, Nati chegou a Ortigueira dende Coruña, aínda que o certo é que as súas raíces familiares cruzan o Atlántico ata chegar a terras arxentinas.

Nos seus recén cumpridos 30, unha das dúas alumnas de ioga regálalle un ramo de flores silvestres que compartimos con todos vós nunha imaxe. Para Nati, de gustos sinxelos e ben alonxada da influencia consumista, o detalle encaixa á perfección.

Hoxe comparte co grupo de ioga en Ortigueira unha das súas clases. Unha combinación de exercicios físicos (“asanas” ou posturas) que axudan a estirar e flexibilizar o corpo, a aprender a respirar para relaxarse, a desconectar para conseguir o famoso “mindfulness”, únense de xeito fluído e coordinado durante esa hora á que fielmente acode para cumplir a súa cita.

O grupo mantense aberto a quen queira participar sempre que o espazo o permita.

O lugar, o escolar de Senra cada martes ás 18:00 (horario de verán) e ás 17.00 (en horario de inverno) e o no auditorio de Cariño os mércores.

Pero Nati non só nos ofrece esta oportunidade de practicar yoga, senón que podemos acompañala igualmente no seu obradoiro de “Danza Natural”. Preguntámoslle en qué consisten estas clases….

“La verdad es que le di vueltas al nombre… Quería unir mis experiencias en el mundo del ballet (contemporáneo) y la expresión corporal,  en yoga…para crear unas clases de baile algo diferentes. Llevo conmigo siempre un guión básico para empezar y conducir las clases pero lo cierto es que se mantiene siempre abierto y cada día resulta distinto porque se trata de eso… no de aprender una técnica concreta sino de descubrir nuestra capacidad de  movimiento y expresividad a través del baile y la música”

P.D:  Cal é o teu lugar favorito de Ortegal?

“Sin duda Portas… ”