Moi boas a tod@s!!!

Comezamos esta semana con tempo moi bo, temperaturas agradables e ceos bastante despexados aínda que tamén tivemos algunha xornada con néboas e mais nubes canto mais o leste. Parece que maña, venres, teremos un lixeiro empeoramento coa entrada de abondosa nubosidade e algún orballo así como dun importante descenso das temperaturas máximas. O sábado aínda comezara con moitas nubes e coa posibilidade dalgún pequeno orballo canto mais o leste pero mellorando co avance da xornada. O domingo será o contrario, con aumento da nubosidade durante a tarde.

Polo momento levamos un mes de abril bastante cálido e seco. Comentei a semana pasada que ultimamente os modelos están moi cambiantes e que había moita incerteza nas previsións a medio prazo, pois así seguimos. A situación da vindeira semana non esta nada clara pero si parece que a partir de luns cambiaría o tempo e chegaría algunha precipitación, veremos como evoluciona e que pasa. Coma xa dixen a semana pasada e a pesares de cómo esta a situación sigo pensando que a segunda metade de abril vira fresquiña e húmida, non sei…veremos que pasa e de momento a gozar destes festivos.

 

Predición para os próximos días:

-Venres día 14; teremos unha xornada de abondosa nubosidade e a posibilidade de orballos en calquera momento, sendo mais probables na tarde. As temperaturas máximas descenderan moderadamente e as mínimas ascenderan. Os ventos serán do oeste frouxos.

 -Sábado día 15; comezaremos con moita nubosidade sobre todo canto mais o leste, onde pode haber algún orballo, co avance do día iranse abrindo claros. As temperaturas  máximas tenderan a ascender lixeiramente mentres que as mínimas non experimentaran grandes cambios. Os ventos será do nordés frouxos.

-Domingo día 16; teremos unha xornada de nubes e claros con aumento da nubosidade durante as derradeiras horas sen descartar algún pequeno orballo. As temperaturas continuaran en valores moi semellantes o sábado e os ventos serán moderados do nordés.

¡¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!