Moi boas a tod@s!!!!!!

Comezamos esta semana cun tempo caloroso e sen precipitacións pero a partires do mércores xa chegaron os chuvascos e un importante descenso das temperaturas. Parece que o venres aínda teremos unha xornada inestable e con chuvascos, o sábado será unha xornada agradable e con ceos bastante despexados e o domingo notaremos un importante ascenso das temperaturas así como un progresivo aumento da nubosidade e a posibilidade dalgún orballo a derradeiras horas.

Este mes esta sendo bastante cambiante e parece que así continuara, con xornadas de ceos pouco anubrados e sol e tamén xornadas de abundantes nubes e precipitacións. Durante a vindeira semana comezaremos con abondosa nubosidade e algunha precipitación feble que tendera a desaparecer para quedaren dúas ou tres xornadas de ceos bastante abertos, que pouco durarían xa que parece que de cara a vindeira fin de semana volverían as choivas, iremos vendo como evoluciona …

Predición para os próximos días:

-Venres día 19; será unha xornada inestable e semellante a do xoves con precipitacións mais probables durante a maña e durante as derradeiras horas. As temperaturas tenderan a ascender pero seguiran a ser baixas para a época do ano e os ventos serán do oeste frouxos.

 -Sábado día 20; notaremos unha importante mellora do tempo con ceos que iran quedando bastante abertos e unha suba das temperaturas máximas, as mínimas tenderán a descender un pouco. Os ventos serán de dirección variable frouxos.

-Domingo día 21; notaremos un progresivo aumento das nubes ata quedaren os ceos cubertos e seguramente a derradeiras horas choiva algo. As temperaturas subiran tanto máximas como mínimas, quedando unha xornada de bochorno. Os ventos continuaran frouxos de dirección variable.

¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!