Moi boas a tod@s!!!!!

Comezamos esta semana cun tempo cambiante e algunha precipitación o luns,  no resto non choveu pero as nubes continuaron presentes deixándonos momentos de sol. Maña chegara unha fronte bastante desfeita durante a tardiña, deixara precipitacións febles que continuaran na maña do sábado, xa durante a tarde mellorara a situación. O domingo agardo unha xornada de nubes e claros e a posibilidade dalgunha chuvieira.

Rematamos o mes de maio e comezamos novo mes que de momento semella ter unha tendencia similar o pasado. Tres ou catro días mellores e tres ou catro peores…veremos como evoluciona. Os rexistros de maio amósanos un mes bastante cálido e húmido, a temperatura media estivo sobre 2ºC por riba da media e as precipitacións foron algo superiores a media.

Predición para os próximos días:

-Venres día 2; teremos un día de abundante nubosidade que ademais ira en aumento deixando precipitacións durante a tardiña e sobre todo na noite, serán febles. As temperaturas no terán grandes cambios, aínda que as máximas tenderan a baixar e as mínimas a subir. Os ventos serán do norte frouxos.

 -Sábado día 3; comezaremos a xornada cos ceos moi cubertos e algunha precipitación feble, a partires de mediodía tendera a ir mellorando e abríndose algún claro, sobre todo canto mais u oeste. As temperaturas descenderan lixeiramente, tanto máximas como mínimas e os ventos serán do norte frouxos.

-Domingo día 4; será unha xornada de nubes e claros e coa posibilidade dalgún chuvasco, mais probable nas horas centrais da xornada. As temperaturas non terán grandes cambios ou con lixeiros ascensos nas máximas. Os ventos serán de dirección variable frouxos.

¡¡¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!