Presentación para Ortigueira do Raid Gallaecia Expedition Race, carreira de aventura das Adventure Racing World Series que se celebrará do 7 ao 14 de Maio no norte da provincia de A Coruña. 

A presentación do evento será día 24 de abril ás 20:00 horas no Teatro de Beneficencia de Ortigueira. No acto proxectarase un video do Raid Gallaecia 2015 Primeira Edición. Ademáis farase unha introducción do evento que se vai desenvolver no mes de maio e que vai pasar por Ortigueira. Asemade realizarase un resumo da edición anterior, do formato da carreira deste ano, en que consisten as adventure racing world series e os países que terán representación na proba, así como os equipos participantes.

É esta unha das probas máis importantes do deporte de aventura a nivel mundial. Consiste nunha carreira de aventura donde uns 30 equipos de 4 compoñentes recorrerán máis de 550 km polo norte da provincia da Coruña: As Pontes, A Capela, As Somozas, Ortigueira, Mañóm, Cariño, Valdoviño, Ferrol, Narón; Neda, Fene,Pontedeume, Cabanas e Ares. Os equipos axudados dun mapa e un compás deberán atopar as balizas que a organización situou ao longo do precorrido. Os corredores con completa autonomia e en formato non-stop deberán enfrontarse en recorrido continuo, a etapas de trekking, bicicleta de montaña, kayak e barranquismo durante os seis días que dura a proba.